domingo, 24 de febrero de 2008

Ó fío da Lareira...

... dun post seu, no que nos fixo meditar sobre a desligazón coa orixe de cada quen se a "fortuna" nos dotaba de riquezas materiais, xa que ata o enterro se produce nunha igrexa maior que a que veu nacer ó rico (penso que pra dar cabida a cantos se queren asegurar de que realmente morriches e xa poden herdar ou competir ou...), e ó fío de todos os seus últimos post, nos que se refería á diferencia de clases sobre a que agora parece que non está de moda falar (moi boa a apreciación sobre a grandeza do pranto e como non é entendido o dos máis) non puiden por máis que respostar e... como me extendín máis da conta e me quedei con ganas de seguir, pois... copio, pego e engado:

"Os que procuran que creamos que o discurso sobre a loita de clases está trasnoitado penso que son os máis perigosos. Coa excusa da modernidade silencian as voces que antes calaba a igrexa. Como agora a igrexa xa non é o opio da meirande parte do pobo, pois hai que buscar novos opios. E que mellor que convencer ós novos de que a modernidade é crer no que nos/lles venden: crer que todos somos iguais, crer que as mulleres acadamos os mesmos dereitos que os homes (porque polo visto xa está ben visto que consumamos a mesma cantidade de alcol que eles... Vaia dereito, mi má. Temos dereito a destrozar o fígado temperanamente: algo que evitará que a tendencia de que a muller sexa máis lonxeva que o home siga cara adiante. Temos que ser iguais. Por iso, agora temos dereito a danar a nosa saúde)... etc, etc, etc...

Pero lamentablementes estamos voltando ó medo, que provoca desigualdade, racismo, etc, etc, etc. Cada día sabemos de máis asasinos de violencia de xénero, cada vez somos máis conscientes de que hai quen abusa de menores (antes era un rumor, agora saen as fotos dos pederastas pola tele. Que ben! Máis morbo!), cada día a realidade amósanos que agora sabemos, pero que as lacras continúan. Programas coma Callejeros devólvennos a unha realidade que creíamos esmorecida: todavía hai quen vive na máis extrema pobreza (e non só no rural, onde todavía, no fastuoso século XXI, hai casas sen luz e sen traída de auga, e sen saneamento, e sen liña telefónica, xa non falemos de ADSL), todavía hai quen vítima das drogas se inxecta en condicións infrahumanas, todavía hai quen abandona pícaros recén nacidos, todavía hai..."

E todavía hai "conversas", por chamalas dalgunha forma, nas que un dos interlocutores, presuntamente co afán de transgredir e con iso sorprender, defende que hai cidadáns de primeira, cidadáns de segunda, cidadáns de terceira, mulleres, mascotas, discapacitados, alimentos e inmigrantes. Eso si, despois teñen a cara de asegurar que a igualdade é real. A igualdade do carallo, será, porque a outra non a vexo. E a do carallo tampouco, pra que vamos a andarnos con chiquitas... Só fai falta mirar a cara de pánfilo que se lle queda a algún cando ve ó Nacho Vidal pola tele.

Provocar, non deixar indiferente, todo iso pode agochar un certo complexo de inferioridade. Eu non teño por que enfrontarme ó mundo para que me escoiten. Non teño por que ser salvaxe, nin crúa, aínda que ás veces recoñezo que o son. E, lamentablemente, pese a que defendo a non violencia, me amparo na verbal pra defender as miñas ideas: creo, polo tanto, que ás veces abuso do maltrato sicolóxico cara quen defende que unha bofetada a tempo é unha obriga; cara quen afirma que ós inmigrantes hai que miralos con desconfianza, porque en canto te descuídas de seguro que che farán unha; cara quen defende que a muller onde debe estar é na cociña (co ben que cociñan os homes... O que pasa é que quenes defenden esto último ou ben non teñen criterio culinario ou ben cren que todos os homes deben exercer de inútiles); cara quen asevera que hoxe se vive millor (quen vive millor); cara quen clama para que se conteña a subida de salarios (que salarios); cara quen afirma que os prezos son moderados (o produtor cobra o mesmo case que hai vinte anos, e os custos, non obstante, subiron, pero... a distribución está polas nubes e os prezos finais... ufffff. Dentro de pouco... non quero nin pensalo. Pero botémoslle un ollo ós custos do pan, das patacas, do leite, dos ovos... e pensemos nas familias numerosas: e xa non falo das que teñen máis de tres fillos, senón das que teñen que preparar máis dun bocata ó día); cara quen...

Falaba tamén Lareira doutra cuestión, nos seus últimos post (e que tiña lectura pendiente acumulada... esto das vacacións sin internet é o que ten): a pervivenza de antigos costumes. Falaba dunha tribo descuberta hai pouco no Amazonas. Falaba de que seguro que pronto, coa súa catalogación como boa ou mala, comezará o labor para evitar que perdan as súas características e a súa singularidade. Eso si, traballarase para que non perda as que os occidentais cremos que a definen, non as que os seus membros realmente teñen. Así, creamos lembranzas prefabricadas por nós, que, dende o descoñecemento, interpretamos. Aquí, en Galicia, miramos cara o campo con resignación: o campo está sendo abandonado, pero non volvemos cara él. Moitos non recordamos que os nosos antergos labraron a terra axudados dun boi (os pudentes) ou usándose a eles mesmos coma bestas. Enchemos o campo de técnicos e estudosos que propoñen mil e unha fórmulas, que cando se enfrentan coa terra deben sofrer unha e mil reformas para axustarse á realidade... E é entón cando lembro esa frase que tanta gracia nos fixo no anuncio de Gadisa: "Os galegos nunca nos trabucamos". Cae un rapaz e di unha vella coa sorna que tanto nos caracteriza: "Vas caer..." Pero chegan os estudosos, estudados cos cartos que outros que os precederon fixeron a conta da terra, ou do comercio minorista, ou... Chegan e miran por enriba do hombro a quenes os encumbraron, e teñen a cara de dicirlles (desde os seus salarios de 600 euros... Onde estarán os mileuristas? Eu quería coñecer a algún, pra ver que si existen): "Tes que facer, tes que acontecer". E xa me estou indo do fío, aínda que sigo na Lareira...

Máis e máis diferencias de clase, pero... calemos... que o discurso, polo visto, está trasnoitado. Imos durmir, a ver se os soños nos amosan esa realidade que tanto nos venden, porque eu, esperta, non acabo de concienciarme de que a loita rematou. Será que son unha romántica.

PD: La traducción, en el primer coment.

7 comentarios:

Markesa Merteuil dijo...

Al hilo de la Lareira:

... de un post suyo, en el que nos hizo meditar sobre la desligazón con su origen de cada uno cuando la “fortuna” nos dotaba de riquezas materiales, ya que hasta el entierro se produce en una iglesia mayor que la que te vio nacer (opino que para dar cabida a cuantos se quieren asegurar de que realmente moriste y ya pueden, por tanto, heredar, o competir o...) y al hilo de todos sus últimos post, en los que hablaba de la diferencia de clases sobre la que ahora parece que no está de moda hablar (muy buena la apreciación sobre la grandeza del llanto y cómo no es entendido el de los otros) no pude por más que responder y... como me extendí más de la cuenta y me quedé con ganas de seguir, pues... copio, pego y añado:

"Los que procuran que creamos que el discurso sobre la lucha de clases está trasnochado creo que son los más peligrosos. Con la excusa de la modernidad, silencia las voces que antes acallaba la iglesia. Como ahor ala iglesia ya no es el opio de la mayor parte del pueblo, pues hay que buscar nuevos opios. Y qué mejor que convencer a los jóvenes de que la modernidad es estar convencido de aquello que se les vende: creer que todos somos iguales, creer que las mujeres alcanzamos los mismos derechos que los hombres (porque por lo visto ya está bien visto que consumamos la misma cantidad de alcohol que ellos... Vaya derecho, mi má. Tenemos derecho a destrozar nuestro hígado de forma temprana: algo que evitará que la tendencia de que la mujer sea más longeva que el hombre siga creciendo. Tenemos que ser iguales. Por eso, ahora tenemos derecho a dañar nuestra salud)... etc, etc, etc...

Pero lamentablemente estamos volviendo al miedo, que provoca desigualdad, racismo, etc, etc, etc. Cada día sabemos de más asesinos de violencia de género, cada vez somos más conscientes de que hay quien abusa de menores (antes era un rumor, ahora salen las fotos de los pederastas por la tele. ¡Qué bien! ¡Más morbo!), cada día la realidad nos muestra que ahora sabemos, pero que las lacras continúan. Programas como Callejeros nos devuelven a una realidad que muerta o en vías de descomposición (agotada): todavía hay quien vive en la más extrema pobreza (y no sólo en el rural, donde todavía, en el fastuoso siglo XXI, hay casas sin luz y sin abastecimiento de agua, y sin saneamiento, y sin línea telefónica, ya no hablemos de ADSL), todavía hay quien víctima de las drogas se pincha en condiciones infrahumanas, todavía hay quien abandona niños recién nacidos, todavía hay..."

Y todavía hay "conversaciones", por llamarlas de alguna forma, en las que uno de los interlocutores, presuntamente con el afán de transgredir y con eso sorprender, defienden que hay ciudadanos de primera, ciudadanos de segunda, ciudadanos de tercera, mujeres, mascotas, discapacitados, alimentos e despúes inmigrantes. Eso sí, después tienen la cara de asegurar que la igualdad es real. La igualdad del carajo, será, porque la otra no la veo. Y la del carajo tampoco, para que vamos a andarnos con chiquitas... Sólo hace falta mirar la cara de pánfilo que se le queda a alguno cuando ve a Nacho Vidal por la tele.

Provocar, no dejar indiferente, todo eso pode esconder un cierto complejo de inferioridad. Yo no tengo por qué enfrentarme al mundo para que me escuchen. No tengo que ser salvaje, ni cruda, aunque a veces reconozco que lo soy. Y, lamentablemente, pese a que defiendo la no violencia, me amparo en la verbal para defender mis ideas: creo, por lo tanto, que a veces abuso del maltrato psicológico hacia quien defiende que una bofetada a tiempo es una obligación; hacia quien afirma que a los inmigrantes hay que mirarlos con desconfianza, porque en cuanto te descuídas seguramente te hacen alguna; hacia quien defiende que la mujen donde debe estar es en la cocina (con lo bien que cocinan los hombres... Lo que pasa es que quienes defiende esto último o bien no tienen criterio culinario o bien creen que todos los hombres deben de ejercer de inútiles); hacia quien asegura que hoy se vive mejor (quién vive mejor); hacia quien clama para que se contenga la subida de salarios (qué salarios); hacia quien afirma que los precios son moderados (el productor cobra lo mismo casi que hace viente años, y los costes para él, no obstante, subiron, pero... la distribución está por las nubes y las cotizaciones finales... ufff. Dentro de poco... no quiero ni pensarlo. Pero echémosle un ojo a los costes del pan, de las patatas, de la leche, de los huevos... y pensemos en las familias numerosas: y ya no hablo de las que tienen más de tres hijos, sino de las que tienen que preparar más de un bocata al día); hacia quien...

Hablaba también Lareira de otra cuestión en sus últimos post (es que tenía trabajo de lectura acumulado... esto de las vacaciones sin internet es lo que tiene): la pervivencia de antiguas costumbres. Se refería a una tribu descubierta hace poco en el Amazonas. Comentaba que seguro que pronto, con su catalogación como buena o mala, comenzará el trabajo posterior para evitar que pierda sus características, su singularidad. Eso sí, se trabajará para que no pierda las que los occidentales creemos que las define, no las que sus integrantes realmente tienen. Así, creamos recuerdos prefabricados por nosotros, que, desde el desconocimiento, interpretamos y recreamos. Aquí, en Galicia, miramos hacia el campo con resignación: el campo está siendo abandonado, pero no volvemos a él. Muchos no recordamos que nuestros ancestros labraron la tierra ayudados de un buey (los pudientes) o usándose a sí mismos como bestias. Llenamos el campo de técnicos y estudiosos que proponen mil y una fórmulas que, cuando se enfrenten con la tierra, deben sufrir una y mmil reformas para ajustarse a la realidad. Es entonces cuando recuerdo aquella frase que tanta gracia nos hizo en el anuncio de Gadisa: “Los gallegos nunca nos equivocamos”. Cae un chico y dice una vieja con la sorna que nos caracteriza: “Vas a caer”... Pero llegan los estudiosos, estudiados con el dinero que otros que les precedieron hicieron a cuenta de la tierra, o del comercio minorista, o... Llegan y miran por encima del hombro a quienes los encumbraron, y tienen la cara de decirles (desde sus salarios de 600 euros... ¿Dónde estarán los mileuristas? Yo quería conocer a alguno, para ver si es cierto que existen). “Tienes que hacer, tienes que acontecer”. Y ya me estoy yendo del hilo, aunque sigo en la Lareira...

Más y más diferencias de clase, pero... callemos... que el discurso, por lo visto, está trasnochado. Vamos a dormir, a ver si los sueños nos muestran esa realidad que tanto nos venden, porque yo, despierta, no acabo de concienciarme de que la lucha terminó. Será que soy una romántica.

Anónimo dijo...

ola, tes un blogo moi interesante, para serche sincero está xenial, moito mellor co meu pero se che interesa a direción é: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com trata sobre un pequeno pobo chamado Agolada. por certo eu son amigo do blog de D´Agolada

El Vizconde Valmont dijo...

Siempre ha habido gente que estaba peor y gente que estaba mejor, lo que no es justificación para dejar de luchar por los que están peor, aunque sea escribiendo por ellos como usted.

Chousa da Alcandra dijo...

Cando máis se "progresa", máis grandes son as fendeduras.

Saúdos dende a Chousa

Anónimo dijo...

Tes razon, en parte cando falas de para alguns o discruso sobre a loita de clases esta trasnochado.
¿Sabes que?....O que ocurre é que desde a caido do muro de Berlin, non existe aquelo que tan ben ALfred Hitcok describiu no seu film;
"Cortina rasgada".
A caida do bloque comunista deixoo o Capitalismo cas mans libres para facer o que lle ven en gana, que é bastante.
Pero eso agora a doctrina social, o socialismo o Marxismo.....está en desuso, e se considera "Gaga".
Eu xa non sei que pensar, poro como decia o xenial GRoucho...(Eu son Marxista, pero de Groucho Marx, os famosos hirmans.... de Sopa de Ganso, una noche en la opera, los hermanos Marx en el Oeste...etc.
¿As miraches algunha vez...?

A lareira de Santiso dijo...

Ufff... si que deu pé o tema. Merece ben a pena que prolongues os teus post, que son dignos de ler.
Lémonos!
Vanessa.

Markesa Merteuil dijo...

Asbeiras... xa che devolvín a visita... Terei que facelo con máis calma. Xa sabes que non sempre dispoñemos de todo o tempo que queremos.

Vizconde... mi blog no es de lucha, aunque a veces no me puedo contener las ganas. La lucha la exponen perfectamente en otros blogs que leo con asiduidad.

Ai, Chousa, fáltanos o mimo no cultivo, para que os brotes do progreso sexan de primavera e non cheguen rachados e a deshora.

Aopedofarelo, que esté trasnoitado o discurso que ata ese momento estaba en moitas bocas non quere dicir que o que motivou a loita esté resolto. E é unha mágoa que nos convenceran de que xa non fai falta loitar, porque as diferencias de clases seguen existindo.

A lareira, obrigada. O post débocho a tí. Muacks.