domingo, 28 de octubre de 2007

TRISTURA

Non busco iniciar un debate político. Simplemente quero desafogar, que é o que agora mesmo preciso. Necesí­too como galega, como galega farta de escoitar historias de emigración forzada ante a falta de futuro, de recursos... de boca de tantos e tantos amigos, de familiares, de coñecidos... Por iso escribo na miña lingua nai.

Como galega, que sabe do que moitos sofreron para sacar adiante aos seus, non concibo escoitar da boca doutra galega que non é raro que a masiva chegada de inmigrantes a España leve a certos comportamentos. Non podo escoitala e quedar calada cando di que non ve incongruente que a alguén "se lle vaia a pinza" e golpee a unha nena nun vagón. Que asegure que é unha "reacción natural" ante o "asco" que supón estar rodeada de sudamericanos e africanos.

Afirma tamén que ese acto non ten por que xerar unha revolta social, que a reacción dos medios é desmedida, porque, asegura, non é para tanto. Considera, de feito, que se a pequena agredida fose española non se lle houbera dado tanta difusión ao feito. Curioso, porque, cando se producen outro tipo de delitos se estes non son perpetrados por inmigrantes, tampouco teñen tanta difusión. Aí­nda que tal vez, algo que ela chegou a defender, é que os españolitos non trafican con estupefacientes, non se pelexan á porta das discotecas, non se agreden con armas brancas, non rouban, non violan, non vexan aos nenos... Creo que vivimos en nazóns diferentes, ou que Urnazi é o encargado de contarlle a ela as novas*.

Do que tampouco se da conta é de que ela mesma é emigrante, xa que tivo que marchar da súa cidade natal para traballar noutros puntos do país. Agora, de feito, está vivindo na miña cidade. Tal vez limitando a miña posibillidade de acceder ao posto de traballo que ela ocupa (algo do que ela culpa aos inmigrantes)? Que pasa? Que emigrar dentro das fronteiras patrias non é emigrar? Non se da conta, amais, de que se se censa na súa cidade de acollida para ter os mesmos dereitos que os máis perderá os seus dereitos na súa vila natal? Curiosamente os fillos e netos de galegos emigrados si poden votar en Galiza, pero o que acaba de deixar Galiza para atopar un traballo, e que precisamente será o que está máis "descontento" co sistema que o obrigou a marchar, non terá ese dereito.

Supoño, ademais, que, como galega falará marabillas da poesía de Rosalía. É algo que queda ben nas tertulias de fin de semana. Pero por que non despreciala tamén? Foi unha emigrante.

Por outra banda, e afondando na súa historia particular, esta moza desorientada (afirma ser de esquerdas. Creo que non ten moi claros moitos conceptos) recoñece que na súa familia (como aconteceu con tantas e tantas familias galegas) houbo quen emigrou e acto seguido critica a creación de guetos e pandillitas desas xentes que veñen a España e só se relacionan cos da súa nacionalidade. Non lembra que en calquer parte do mundo hai casas de galegos? Non se da conta de que moitos dos que emigraron a Francia, Alemaña, etcétera, voltaron tras pasar anos nos seus países de acollida e non falan unha palabra (só entenden as indicacións máis usadas na fábrica na que atoparon traballo) do idioma da nazón na que gañaron o pan?

Tampouco parece recordar que Galiza é o que é grazas, en boa medida, aos emigrantes que a finais do século XIX e principios do XX xuntaron todas as súas ilusións nun fato para pasar días e días apretadiños uns contra as esperanzas dos outros nun barco insalubre que os levarí­a a un destino no que se convertirí­an, pouco a pouco, en "invasores" (termo co que ela designa aos emigrantes que agora veñen a España, e que é o que xa fixemos os españolitos varios séculos antes en Latinoamérica).

Non recoñece que existen programas como Galiza para o mundo, que falan dun paraíso e que precisamente por eso moitos desexan vir para vivir esa promesa. Pero, lamentablemente, chegan a unha España na que non achan máis que miseria, unha miseria que non só lles afecta a eles, senón a moitos mozos que, tras obter unha titulación universitaria, ven moi de lonxe a posibilidade de un día chegar a ser mileuristas. Si, nena, os máis nin ulen os mil euros mensuais.

Non se da conta, que pouca memoria histórica para o que nos convén, de que moitos galegos marcharon sen formación e que aí­nda así­, moitos deles, grazas á cooperación dos seus compadres no paí­s de acollida, lograron pouco a pouco xuntar uns cartiños que, con grande xenerosidade, reenviaron ao país para crear escolas. O obxectivo, nestos centros formativos, era lograr que os novos emigrantes saísen de Galiza cunha formación que lles permitise competir de tú a tú cos residentes no país de acollida. Non ocuparon, pois, postos de traballo que poderían haber sido aceptados polos oriundos de dita nazón? Eso é algo do que acusa aos "invasores" de España...

Que pouquiña memoria e que diarrea verbal. O máis asombroso foi, penso, escoitar que os emigrantes están aquí vivindo fantasticamente, e que se non fose así­ non virían máis. Do que non se da conta é de que o ser humano non escarmenta en testa allea, e tampouco entende que moitos minten para non preocupar aos seus, e que aínda que non veñan os seus, estes poden falar con outras xentes e dicir: "Si, fulanito está moi contento". A cantos coñece para facer afirmacións sobre como viven? Non é que o pense, é que mo confirmou, non coñece a ningún. Pero eu si. E aínda que me confirmaron que, no caso dos que eu coñecí­a, realmente non estaban sofrindo unha situación desesperante, de saber o que realmente lles esperaba en España nunca emigrarían. Pero esta presunta votante de supostas esquerdas ten a osadía de suliñar que si están mal que marchen, que ninguén os retén. Con que cartos, me pregunto eu. Porque moitos empeñaron todo canto tiñan e canto posuí­an as súas familias para poder vir a España a buscar un futuro. Non se pode xogar co pan dos fillos e buscar cartos para un novo viaxe implica, en moitas ocasións, ter que xogar.

Pero o seu "razonamento" foi: "Pois, se queren quedar, que queden, pero que non protesten se lles pegamos". Nova confusión: necesitar non é querer e... en serio que a sociedade avanzou tan pouco como para que entendamos que a violencia é xustificable nalgún caso?

Realmente, sinto tristura...


* De feito, chegou a dicir que o estudante de Dereito que morreu dun puñetazo doutro cando mediou nunha pelexa no que o seu agresor estaba violentando a unha moza practicamente non saí­u nos medios de comunicación pensei que, sinceramente, debemos sintonizar canles diferentes. Xa non aspiro a que lea o xornal. Por certo, creo lembrar que eran españolitos e que... no desencadeante habí­a un problema de violencia de xénero, que tampouco lle pareceu preocupar. A muller non merece defensa? Non a vin queixarse de que non se informara sobre se a agredida había interposto algunha denuncia contra o cretino que tiña por parella.

5 comentarios:

Markesa Merteuil dijo...

Copio y traduzco:

"No busco iniciar un debate político. Simplemente quiero desahogarme, que es lo que ahora mismo preciso. Lo necesito como gallega, como gallega harta de escuchar historias de emigración forzada ante la falta de futuro, de recursos... de boca de tanto y tantos amigos, de familiares, de conocidos... Por eso escribo en mi lengua materna/madre.

Como gallega, que sabe lo que muchos sufrieron para sacar adelante a los suyos, no concibo escuchar de boca de otra gallega que no es raro que la masiva llegada de inmigrantes a España derive en ciertos comportamientos. No puedo escucharla y quedarme callada cuando dice que no ve incongruente que a alguien "se le vaya la pinza" y golpee a una niña en un vagón. Que asegure que es una "reacción natural" ante el "asco" que supone estar rodeada de sudamericanos y africanos.

Afirma también que ese acto no tiene por qué generar una revuelta social, que la reacción de los medios es desmedida, porque, asegura, no es para tanto. Considera, de hecho, que si la niña agredida fuese española no se le hubiera dado tanta difusión al hecho. Curioso, porque, cuando se producen otro tipo de delitos, si éstos no son perpetrados por inmigrantes, tampoco tienen tanta difusión. Aunque tal vez, algo que ella llegó a defender, es que los españolitos no trafican con estupefacientes, no se pelean a la puerta de las discotecas, no se agreden ncon armas blancas, no roban, no violan, no vejann a los niños... Creo que vivimos en naciones diferentes, o que Urnazi es el encargado de contarle a ella las noticias*.

De lo que tampoco se da cuenta es de que ella misma es emigrante, ya que tuvo que irse de su ciudad natal para trabajar en otros puntos del país. Ahora, de hecho, está viviendo en la mía. Tal vez limitando mi posibilidad de acceder al puesto de trabajo que ella ocupa (algo de lo que ella culpa a los inmigrantes). ¿Qué pasa? ¿Que emigrar dentro de las fronteras patrias no es emigrar? No se da cuenta, además, de que si se censa en su ciudad de acogida para tener los mismos derechos que los demás perderá sus derechos en su villa natal? Curiosamente los hijos y nietos de gallemos emigrados sí pueden votar en Galicia, pero el que acaba de dejar Galicia para encontrar un trabajo, y que precisamente será el que está más "descontento" con el sistema que le obligó a marcharse, no tendrá ese derecho.

Supongo, además, que, como gallega, hablará maravillas de la poesía de Rosalía de Castro. Es algo que queda bien en las tertulias de fin de semana. Pero ¿por qué no despreciarla también? Fue una emigrante.

Por otra parte, y ahondando en su historia particular, esta chica desorientada (afirma ser de izquierdas. Creo que no tiene muy claros muchos conceptos) reconoce que en su fammilia (como ocurrió con tantas y tantas familias gallegas) hubo quien emigró y acto seguido critica la creación de guettos y pandillitas de esas gentes que vienen a España y sóloo se relacionan con los de su nacionalidad. ¿No recuerda que en cualquier parte del mundo hay casas del gallego? ¿No se da cuenta de que muchos de los que emmigraron a Francia, Alemania, etcétera, regresaron tras pasar años en sus países de acogida y no hablan ni una palabra (sólo entienden las indicaciones más usadas en la fábrica en la que encontraron trabajo) del idioma de la nación en la que ganaron el pan?

Tampoco parece recordar que Galicia es lo que es gracias, en buena medida, a los emigrantes que a finales del siglo XIX y principios del XX juntaron todas sus ilusiones en un hatillo para pasar días y días apretaditos unos contra las esperanzas de los otros en un barco insalubre que los llevaría a un destino en el que se convertirían, poco a poco, en "invasores" (término con el que ella designa a los emigrantes que ahora vienen a España, y que es lo que ya hicimos los españolitos varios siglos antes en Latinoamérica).

No reconoce que existen programas como Galicia para o mundo, que hablan de un paraíso, y que precisamente por eso son muchos los que desean venir para vivir esa promesa. Pero, lamentablemente, llegan a una España en la que no hallan más que miseria, una miseria que no sólo les afecta a ellos, sino también a muchos jóvenes que, tras obtener una titulación universitaria, ven muy lejos la posibilidad de un día llegar a ser mileuristas. Sí, nena, la mayor parte de los jóvenes no huelen siquiera los mil euros mensuales.

No se da cuenta, qué poca memoria histórica para lo que nos conviene, de que muchos gallegos se fueron sin formación y que aún así muchos de ellos, gracias a la cooperación de sus compadres en el país de acogida, lograron poco a poco juntar un dinero que, con gran generosidad, reenviaron a Galicia para crear escuelas. El objetivo, en estos centros formativos, era lograr que los nuevos emigrantes saliensen de Galicia con una formación que les permitiese competir de tú a tú con los residentes en el país de acogida. ¿No ocuparon, pues, puestos de trabajo que podrían haber sido aceptados por oriundos de dicha nación? Eso es algo de lo que acusa a los "invasores" de España...

Qué poquita memoria y qué diarrea verbal. Lo más asombroso fue, pienso, eschuchar que los emigrantes están viviendo aquí fantásticamente, y que si no fuese así no vendrían más. De lo que no se da cuenta es de que el ser humano no escarmienta en cabeza ajena, y tampoco entiende que muchos mienten para no preocupar a los suyos, y que aunque no vengan los suyos, éstos pueden hablar con otras gentes y decir: "Sí, fulanito está muy contento". ¿A cuántos conoce para hacer afirmaciones sobre como viven? No es que lo piense, es que me lo confirmó: no conoce a ninguno. Pero yo sí. Y aunque me confirmaron que, en el caso de los que yo conocía, reaalmente no estaban sufriendo una situación desesperante, de saber lo que realmente les esperaba en España nunca emigrarían. Pero esta presunta votante de supuestas izquierdas tiene la osadía de subrayar que si están mal que marchen, que nadie los retiene. ¿Con qué dinero?, me pregunto yo. Porque muchos empeñaron cuanto tenían y cuanto poseían sus fammilias para poder venir a España a buscar un futuro. No se puede jugar con el pan de los hijos y buscar dinero para un nuevo viaje implica, en muchas ocasiones, tener que jugar. Pero su "razonamiento" fue: "Pues, si quieren quedarse, que se queden, pero que no protesten si les pegamos". Nueva confusión: necesitar no es querer y... ¿en serio que la sociedad avanzó tan poco como para que entendamos que la violencia es justificable en algún caso?

Realmente, siento tristeza...


* De hecho, llegó a decir que el estudiante de Derecho que muró de un puñetazo de otro cuando medió en una pelea en la que su agresor estaba violentando a una muchacha prácticametne no salió en los medios de comunicación pensé que, sinceramente, debemmos sintonizar canales diferentes. Ya no aspiro a que lea el periódico. Por cierto, creo recordar que eran españolitos y que... en el desencadenante había un problema de violencia de género, que tammpoco le pareció preocupar. ¿La mujer no merece defensa? No la vi quejarse de que no se informara sobre si la agredida había interpuesto alguna denuncia contra el cretino que tenía por pareja".

Escrito por MarkesaMerteuil 03/11/2007 21:20

Markesa Merteuil dijo...

Plas Plas... aplaudo e comparto todo o que dixeches... e paréceme moi duro o comentario da outra rapaza: "pois, se queren quedar, que queden, pero que non protesten se lles pegamos...", sen comentarios...

E pra min a violencia non é xustificable en ningún caso.

En relación ca emigración a min gústame moito unha canción de hip-hop titulada "Ponte en mi piel" (de El Chojín)... que como di a canción :"Las pateras no son solo noticias que ves en la tele, hay historias detrás lo ves, el viaje duele, ponte en mi piel".

Escrito por Que+da 30/10/2007 02:50

Faltoume contar tamén que... xustificou o holocausto nazi argüíndo que... é normal que unha poboación que se ve invadida por un pobo, o xudío, e que encima este pobo sexa o que manexa os cartos se decida a tomar medidas e exterminar a dita poboación.

Creo, sinceramente, que debería insistirse un pouquiño máis na formación nas aulas, unha formación que permita ás xentes ser capaces de ter recursos suficientes para pensar por si mesmos e para poñerse, como moi ben dis, na pel dos outros.

A sociedade non avanza. Imos cara atrás. I é unha mágoa.

Escrito por MarkesaMerteuil 30/10/2007 10:27

Markesa Merteuil dijo...

En mi primera respuesta:

"Me faltó contar también que... justificó el holocausto nazi argumentando que... es normal que una población que se ve invadida por un pueblo, el judío, y que encima este pueblo sea el que maneja el dinero, se decida a tomar medidas y exterminar a dicha población.

Creo, sinceramente, que debería insistirse un poquito más en la formación en las aulas, una formación que permita a las personas ser capaces de tener recursos suficientes para pensar por sí mismos y para ponerse, como muy bien dices, en la piel de los otros.

La sociedad no avanza. Vamos hacia atrás. Y es una pena".

Escrito por MarkesaMerteuil 03/11/2007 21:25

Veca dijo...

Moi ben explicado e redactado. ë horrible que haxa xente que aínda pense de esa maneira tan cuadriculada.

Markesa Merteuil dijo...

O que máis me doe, Veca, é que eu confiara nesa persoa, pensaba que esa persoa tiña un bo fondo, que só lle faltaba un empuxe para a solidariedade... Pero equivoqueime.